
Relata a odisea por Latinoamérica levada a termo polo posteriormente coñecido revolucionario Ernesto "Che" Guevara e o seu amigo o Dr. Alberto Granado en 1952, cando Guevara era un mozo estudante de medicina de 23 anos. Ambos embarcaron nunha viaxe de 9 meses percorrendo América do Sur nunha escanastrada moto Norton de 500 cc, á que alcumaban "A poderosa". No seu camiño foron á provincia argentina de Córdoba, Bos Aires, a Patagonia, a cidade chilena de Valparaíso, o deserto de Atacama, Machu Picchu e a colonia San Pablo, o leprosario máis importante de Latinoamérica. "The Motorcycle Diaries" (Diarios de motocicleta), baseado nos diarios e nun libro dos propios "Che" Guevara e Alberto Granado, non é a historia da radicalización dun revolucionario, é a crónica dun mozo que abandona a súa lareira e experimenta e esperta ao mundo de seu arredor.
Os dous compañeiros axudan a ao xente sen esperar nada a cambio, senón para axudar soamente.
Na miña opinión a película está ben, pero para vela hai que ter información sobre ambos protagonistas.
Foi a última película que vimos na clase. Foi una asignatura que me gustou moito e vin moitas películas.
Jénny
No hay comentarios:
Publicar un comentario