martes, 24 de junio de 2008

Argumento de "Centauros del Desierto"



A película “Centauros del Desierto”, a título persoal sorprendeume bastante, xa que as películas do oeste non son as que máis me gustan. A película aparentemente ten un argumento sinxelo: Ethan, un veterano confederado, volve ao rancho da súa irmá en Texas. Ethan e os rangers persiguen a un grupo de comanches que rouban ganado e cando se dan conta de que foron enganados e volven, encontranse co rancho destruídoé a familia de Ethan morta coa excepción das sobriñas, raptadas polos comanches.Enton, comeza a aventura do seu tío Etahn (John Wayne) e o seu irmán Martín (Jeffrey Hunter) que era un orfo criado pola familia. Pasan durante 5 anos detrás dos indios para recuperar as mozas. A mayor atopana morta no deserto. Cando encontran a máis xoven, encontranse que ella xa está acostumada a vida dos indios é o seu tío quere acabar coa súa vida, pero no fondo aunque parece moi duro con ela, acaba dandose conta de que segue sendo a mesma neniña de sempre.
A personaxe principal é Ethan Edwards, un soldado exconfederado. Un home disposto a rescatar a sua sobriña. Non se rendira ante a fame, sede ou a soidade.



Jénny



No hay comentarios: