domingo, 22 de junio de 2008

CENTAUROS DEL DESIERTO
( THE SEARCHERS 1956 )


PERSONAXES:
John Wayne Ethan Edwards Jeffrey Hunter Martin Pawley Vera Miles Laurie JorgensenWard Bond Cap. Rev. Samuel Clayton Natalie Wood Debbie Edwards John Qualen Lars JorgensenOlive Golden Mrs. JorgensenHenry Brandon CicatrizWalter Coy Aaron EdwardsDorothy Jordan Martha EdwardsPippa Scott Lucy EdwardsRobert Leyden BenLana Wood Debbie ( pequena )Ken Curtis Charlie McCorry


O comezo de Centauros do deserto é esclarecedor. Baixo uns simples, a priori, títulos de crédito agóchase boa parte do fondo da película.
O mellor do caso é que isto acontece de xeito que a inconsciente de Ford lle traiciona, ou non ?. A teoría é a seguinte: baixo un muro de ladrillos, os títulos de crédito vanse acontecendo, primeiro aparece o nome de John Wayne cunha música reveladora da relación estreita que garda o seu personaxe co mundo indio. É unha melodia violenta, ao contrario da música de corte máis maino que xorde ao mesmo tempo que aparecen noméelos de Vera Miles e de Jeffrey Hunter. Sen dúbida, esta mudanza de música obedece ao espírito pacificador que Ford quere dotar a ambos personaxes, Laurie e Martin respectivamente. Diferentes interpretacións se lle podrian atribuír ao comentado muro de ladrillos. Sen dúbida, poderiámonos quedar con aquela que di que o muro simboliza a distancia existente entre Martha e o propio Ethan. Existe un muro entre eles dous, un muro de imposible demolición, un muro que separa a felicidade total de ambos. A unha beira, a soidade de Ethan, vagando como reza a canción inicial, e ao outro o sedentarismo de Martha, un sedentarismo totalmente desexado por ela, pero que el non comparte- máis adiante Aaron pregúntalle a Ethan porqué non se quedou-.


O INDIO ETHAN
É evidente que o personaxe de Wayne, Ethan, marcha nun mundo paralelo ao personaxe de Cicatriz, xefe indio.
Os dous seguiron unha vida moi similar : mentres que Ethan está condenado a vagar polas terras baldias de Texas, Cicatriz tamén vaga sen rumbo intentando vengar as mortes dos seus fillos. Tal vez o vagar dun e outro poida parecer motivado por distintas causas, pero Ford encárgase de deixarnos ben claro que iso non é así. Nada máis chegar Ethan a casa do seu irmán, un aviso de roubo de gando chega á casa. O reverendo-marshall Clayton, interpretado por Ward Bond, comunica ao recien chegado e a familia Edwards que se cometeu un roubo e que deben partir xunto a outras familias implicadas en busca do devandito gando.Isto non é máis que un testo, a verdadeira intención das ladróns – os comanches- é a de arrasar unha das casas. Pouco antes de que o tribo india ataque a casa dos Edwards, a filla pequena, Debbie, foxe por unha fiestra mentres o resto da familia espera o seu destino fatal. O ataque nocturno dos aniquiladores prodúcese en elipses trala aparición do xefe Cicatriz diante da inocente mirada da nena. Ford quere mostrar o respecto que sente diante dos indios non mostrando o ataque, cousa que si que fai cando a vez de atacar é dos brancos. Cando Ethan, Martin e o vello tolo “ Mose “ chegan á casa a atopan en cinzas. Ethan descobre os corpos da súa amada Martha e do seu irmán Aaron pero non o das dúas nenas. Inmediatamente, diante da vinganza india, prodúcese a réplica: Ethan e algúns homes emprenden a busca, pero a realidade é outra, Ethan non soporta aos indios porque non se soporta a se mesmo. Aquí é onde os camiños de Cicatriz e de Ethan debúxanse paralelos. Ethan o nómada pretende vengar a vinganza india. Para iso vagará no máis puro sentido indio. O matanza india non é máis que a pinga que colma o vaso. Ethan aproveita o asasinato da súa querida Martha para ir tralas nenas, porque as dúas son como carne da súa carne. Debe ir tras elas porque desexa vengar a Martha. Pero ademais el quere xustificar a súa existencia nómada, sen un fogar onde acudir porque o último lazo que lle unia a este mundo, Martha, desapareceu. Existen unha infinidade de detalles que apoian a teoria dun Ethan indio. Para citar uns cantos, podriamos comentar a secuencia inicial, a da chegada á casa de Ethan. É un plano desde dentro da casa, desde a perspectiva de Martha. Nel se ve a Ethan ao lonxe dirixíndose á casa e, en primeira instancia unha alfombra india colga dun tenderete. Tamén poderiamos destacar o plano no que os exploradores descobren o corpo dun indio enterrado baixo as pedras. Ethan dispáralle un tiro en cada ollo, e explica claramente que, como bo coñecedor do mundo indio, un indio sen ollos está condenado a vagar indefinidamente sen poder entrar en seu paraiso –pradería-


.ETHAN E A FAMILIA EDWARDS

Desde un principio Ford encárgase de deixar ben claro quen é quen é Centauros do deserto. É Martha quen abre a porta para recibir a figura do estraño que chega cabalgando, quen sae en pleno soportal para recibir, extremadamente interesada, ao recén chegado. Pero non é ata que o seu marido, Aaron, desvela o nome do vaqueiro que nos damos conta da importancia que Ethan ten para ela. Despois do solitario “ Ethan “ por parte de Aaron, ela non mostra excesiva alegria, máis ben sentimentos controlados e lixeiramente nerviosos para o recien chegado. Cando Ethan baixa do cabalo é Aaron quen lle recibe, ata aquí algo bastante normal xa que este é o home da familia, pero Ethan lle saúda de maneira desinteresada e é cando vai directamente a saudar a Martha cun bico na fronte, ao que Martha contesta cunha moi tímida sorriso, dáse a volta e entra á casa. Ata este momento Ethan non artellou palabra. Unha vez dentro da casa Ethan confunde a Debbie con Lucy e é entón cando Martha fai de anfitrona, e pide ao recien chegado a súa capa. É a partir dese momento cando algo nos di que entre Martha e Ethan houbo algo máis que a relación típica entre cuñados. O modo en que Ethan a mira cando esta garda a súa capa, ao mesmo tempo que o seu irmán lle está falando, dános unha idea desa antigua historia. Pero non é só o xogo de miradas o que axuda a Ford a poñer de manifesto esa relación. Os diálogos xogan a contagotas a favor desa idea a medida que avanza a metraxe. Un dos momentos cunha maior carga emocional é aquel en que o reverendo descobre como Martha acaricia dunha maneira apaixonada a capa de Ethan. O reverendo, mentres apura o seu café de pé, volve a mirada para o infinito, mentres Ethan entra no plano e Martha devólvelle a capa a Wayne, todo isto unicamente roto por unha melodia maino e sentimental. Trala saída do solitario Wayne pola porta, Martha séguelle e o reverendo sen despedirse da anfitrona, sae de escena seguindo os pasos do vaqueiro.Así mesmo a idea de que Aaron non é máis que un mequetrefe comparado con Ethan vai tomando corpo e, o pensamento de que Aaron non é máis que un testo, un consolo para Martha se vai formando. A relación entre Ethan e Debbie representa a dualidade amor-odio para Ethan. Debbie é máis que a filla da súa amada, é a niñita á que regalou a súa condecoración mexicana á chegada á casa. Para Ethan, Debbie representa a evolución da súa raza e ademais é carne da súa carne, seu sobriña. É por todo isto que cando é raptada polos indios, Ethan reacciona de maneira airada. É indiscutible que Ethan intenta vengar a morte de súas seres queridos, e en particular a da súa amada Martha, pero o que nun primeiro momento puidese parecer unha simple reacción lóxica perante estas mortes, convértese nunha especie de válvula de fuga para Ethan. A incesante marcha tralos pasos de Debbie é o motivo que xustifica o nomadismo de Ethan. Claro está, como mencionamos anteriormente, que Debbie é, en certa maneira, unha filla para Wayne, pero tamén é a escusa perfecta que Ethan precisa para loitar contra seu própio eu, Cicatriz. Ethan non encaixa no mundo real, odia aos indios pero compórtase como eles, agás agás a súa insistencia en perseguir a Cicatriz. Debbie é algo que quere e que odia a partes iguais. O que a pequena representa para el vai máis alá da súa comprensión e, é por isto que, cando finalmente dá con ela, dáse conta do que lle dita o corazón. Non pode matar á moza porque o amor que profesa é máis grande que o seu odio. Non pode acabar con ela porque en Debbie está o que el máis quixo e o que máis odiou, Martha e Cicatriz, Martha e Ethan...

UN FINAL REDONDO
É nese belísimo plano en que o perseguidor ergue á súa presa cando nos damos conta de que, en realidade, o que vemos é a figura dun pai que atopa ao seu fillo despois de habelo perdido. A emoción que nos embarga nese momento é totalmente compartida. Quen non perdeu algunha vez a un ser querido?.¿ Quen non experimentou esa emoción que te emvuelve cando finalmente dás con el?. Debbie dáse conta diso e accede a repousar nos brazos de seu tio, de forma reconfortante e con ese punto de felicidade que nos dá a tranquilidade, a seguridade. Unha vez o traballo está acabado, a volta ao fogar e o reencontro. Martin, Ethan e Debbie chegan a casa dos Jorgensen nun plano que nos lembra ao inicial. Pero esta vez Ethan non entra na casa, sinó que ve pasar a felicidade perante el. Debbie é acollida polo matrimonio Jorgensen que anteriormente perdeu un fillo e, en certa maneira, lles é devolto. Laurie consegue o seu propósito e únese para sempre a Martin, algo que nos lembra ao que podería haber pasado entre Martha e Ethan. Todos entran na casa, todos menos un. O ciclo completouse e Wayne debe reiniciar novamente os seus pasos, porque Ethan non ten ningún motivo polo que quedarse, porque o máis belo nexo de unión a esas terras xa non está. Nese momento, de soidade e tristura, reanuda o camiño, ese camiño para o que está predestinado e, mentres un sentimento para ela percórrelle o corpo, recóllese na súa fraxilidade cun xesto e péchase a porta.

[Noa Posada]

No hay comentarios: