lunes, 3 de diciembre de 2007

A publicidade


A publicidade ten un papel importante en Blade Runner , porque parece que domina a unha sociedade na que case todo se reduce a comprar e vender e na que os únicos puntos de luz e cor que aparecen na escura cidade, encóntranse nos anuncios publicitarios. O fin que ten teñen é de impactar ó espectador, cunha iluminación contrastada e violenta. Esta técnica non fora utilizada anteriormente no cine, e despois de Blade Runner ,utilizaráse moito máis en moitas películas.
Os anuncios aparecen ocupando os laterais dos edificios, sobresaíndo das paredes ou incluso nun dirixíble que recorre toda a cidade. O punto en común entre estes anuncios é que as mulleres que aparecen neles, e tamén que o idioma utilizado nos carteis, son de orixe asiático e esto parece indicar, que existe unha dominación económica asiática.

Ridley Scott a parte de dirixir cine, tamen dirixiu anuncios publicitarios de gran éxito que influíron na estética da publicidade dos anos oitenta. O estilo do director releva a importancia do visual e nesta película, reflícteo coa publicidade ca cal, pretende trasmitir ó público o que quere decir e expresar dunha forma breve e efectiva.
Sara

No hay comentarios: