martes, 4 de diciembre de 2007

Os personaxes


Deckar (Blade Runner): desempeña o papel de policía encargado de eliminar ós replicantes. O seu nome na realidade é Harrison Ford. Non se sabe moi ben se Deckar era un replicante ou non, xa que na versión inicial de Blade Runner da a entender que non é un replicante. Ford buscaba un papel dramático.
Roy: líder dos replicantes. O seu nome na realidade é Rutger Hauer. Hauer deu unha breve actuación como líder violento e complexo dos replicantes que non tiña nada que perder.
Rachel: replicante perfeccionado. O seu nome na realidade é Sean Young. A imaxe da “perfección” femenina os 22 anos. Young todavía conta a Blade Runner como unha das películas preferidas, a pesar dos roces con Ford e Scott debido a súa inexperiencia e idade.
Pris: replicante. O seu nome na realidade é Daryl Hannah. Hannah pon en evidencia a inocencia peligrosa dunha replicante namorada de Roy Batty.
Leon: replicante. O seu nome na realidade é Brion James. Aínda que a simple vista parece un replicante usado pola súa forza, Leon tiña certa inteligencia intuitiva, que lle permitiu casi matar a Halden, torturar a Chew, e atacar por sorpresa a Deckard.
Zhora: replicante. O seu nome na realidade é Joanna Cassidy. Zhora transmite a unha muller forte que viu o que a peor humanidade pode ofrecer.
J.F.Sebastián: deseñador xenético. Ten unha alteración xenética de envellecemento prematuro. O seu nome na realidade é William Sanderson. Xenio taciturno e solitario, que proporciona un retrato compasivo pero obediente a humanidade.
Tyrell: creador dos replicantes. O seu nome na realidade é Joe Turkel. Ten unha voz penetrante, confiada e engrandecido sobre si mismo. Este magnate corporativo dirixía o avance científico e o desarrollo dos replicantes, creando unha recreación gradual da esclavitude.
Ilduara

No hay comentarios: