
A pesares de estar enfocada como unha película de acción, cine negro situado no futuro, Blade Runner resulta ser tremendamente rica en canto a profundidade e plantexamentos. Escribíronse libros e libros sobre a película e centos de comentarios, alguns deles son:
A historia é unha adaptación basada no guión de William S.Burroughs a partir da novela Do Androids Dream of Electric Sheep? (¿Soñan os Androides con Ovellas Eléctricas?) (1972) de Philip K.Dick.
En Blade Runner intégranse, como nun collage xenérico, diversos xéneros e estilos cinematográficos: cine fantástico, ciencia ficción, terror, noir, thriller , psicoanalítico e romántico. Incluso a arquitectura da cidade e unha mezcla de diferentes estilos, a lo menos gótico, neorromántico, precolombino e oriental.
Blade Runner ten resonancias ideolóxicas coa novela Frankenstein de Mary Séller, onde o home se asume coma un Deus, e por este feito recibe un castigo.
Tamén hai numerosas alusións e referencias esplícitas a diversos textos bíblicos, especialmente en relación con Adán e Eva, Matusalén,o Fillo Pródigo, a crucufixión, a Epifanía e o Apocalipsis. Así por exemplo, na escena da morte de Roy Batty podemos recoñecer elementos coma un cravo na palma da súa man, a pomba que voa cara ó ceo no instante da súa morte, a súbita iluminación en claroscuro dunha zona do ceo e unhas lexanas badaladas na banda sonora. Además Blade Runner está construida a partir de alusións interdiscursivas de carácter anácronico, é dicir, coma hibridación xenolóxica e pastiche postmoderno de diversos discursos semióticos. Tamén podemos encontrar unha reformulación irónica no mito da femme fatal pois aquí a muller(replicante) é simplemente humana e contradictoria, ó mesmo tempo , nesta historia hai tamén unha reversión paradóxica dos finais utópicos e distópicos da ciencia ficción. Por último é unha versión actualizada do mito de Gólem, unha reflexión sobre os riscos morais das novas tecnoloxías e existem diversos cómics de acción en relación coa película.
Manuel Pena Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario