
Ridley Scott é un director de cine británico, nado o 30 de novembro de 1937. É irmán do tamén director de cine Tony.Foi nominado en tres ocasiones aos premios Oscar á mellor dirección da Academia de cine estadounidense. En xaneiro de 2003 foi nomeado cabaleiro pola raíña Isabel II.Os seus primeiros filmes (especialmente The duelists, Alien, e Blade Runner) proporcionaban ao espectador unha experiencia máis completa onde as escenas eran lembradas non soamente polos actores que interviñan ou puntos específicos, senón polo ambiente que nelas prevalecíaO seu estilo eleva a importancia da experiencia sensorial (visual, sonora) nun filme. O cine de Scott utiliza á iluminación, fotografía, creación de ambientes e sincronía coa música e o son como "actores" adicionais que contribúen á experiencia total do espectador. Esta característica pode ser percibida nas comerciais de televisión que Scott dirixiu (máis de 2000).Ridley Scott dirixiu as seguintes películas:
• OS DUELISTAS (1977) con Keith Carradine, Harvey Keitel, Albert Finney.
• ALIEN, O OITAVO PASAXEIRO (1979) con Sigourney Weaver, Tom Skerritt, John Hurt.
• BLADE RUNNER (1982) con Harrison Ford, Sean Young, Rutger Hauer.
• LEGEND (1985) con Tom Cruise, Mia Sara, Tim Curry. • A SOMBRA DO TESTEMUÑA (1987) con Tom Berenger, Mimi Rogers, Lorraine Bracco. • BLACK RAIN (1989) con Michael Douglas, Andy Garcia e Kate Capshaw.
• THELMA E LOUISE (1991) con Susan Sarandon, Geena Davis, Brad Pitt.
• 1492: A CONQUISTA DO GALIÑEIRO (1992) con Gérard Depardieu, Sigourney Weaver, Armand Assante.
• TORMENTA BRANCA (1996) con Jeff Bridges, Caroline Goodall, John Savage.
• A TENENTE OU'NEIL (1997) con Demi Moore, Viggo Mortensen, Anne Bancroft.
• GLADIATOR (2000) con Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen.
• Hannibal (2001) con Anthony Hopkins, Julianne Moore, Ray Liotta.
• BLACK HAWK DERRUBADO (2001) con Josh Hartnett, Eric Bana, Ewan Mcgregor.
• AS IMPOSTORES (2003) con Nicolas Cage, Sam Rockwell, Alison Lohman.
• O REINO DOS CEOS (2005) con Orlando Bloom, Eva Green, Liam Neeson.
• UN BO ANO (2006) con Russell Crowe, Abbie Cornish, Albert Finney.
No hay comentarios:
Publicar un comentario