martes, 4 de diciembre de 2007

LECTURA FILOSÓFICA DA MORTE, A DATA DE CADUCIDADE .... EN BLADE RUNNER


O obxectivo dos replicantes é prolongar a súa corta existencia, non sei se sería correcto chamala vida, a pesar de o seu ambicioso xefe desexe a inmortalidade. Para este van buscando un a un os principios da súa creación: Hannibal Chew encargado de crear os ollos, JF Sebastián deseñador xenético e por último o Dr. Eldon Tyrell creador xenéntico dos replicantes, encargase de deseñar os seus cerebros. Os replicantes van encontrando en orden a estos personaxes, sempre buscando as mesmas despostas

O medo á morte tanto de forma natural como en forma de blade runner que lles persigue, os replicantes enfrentaranse de forma suicida, a pesar de que non todos da mesma maneira. A facción ente o amor da vida e o medo á morte xogarán un papel moi importante na mente destes personaxes clónicos.

No medio da vida e a morte sempre encontrarase o amor. Os dous protagonistas, o bo e a rapaza, Deckard e Rachel, xurde o amor. Pero non é unha relación normal. Home e replicante. A Rachel quedanlle pouco tempo neste mundo. É un amor imposible, destinado ó sacrificio e ó sufrimento.


Un dos valores que ten importancia nesta película é a liberdade: Os replicantes queren rematar cos blade runner para poder ser libres e da mesma maneira Deckard quere rematar cos replicantes para poder ser libre e deixar de ser policía, porque desta maneira vese claro cando ó final da película vaise da cidade nun coche con Rachel.
Outro valor importante é o da vida: Os replicantes saben que teñen fecha de caducidade de catro anos e por iso deciden ir a buscar a JF Sebastián para que lles delimite a súa vida e poidan ser persoas normais.
O último valor é o do amor: Cando Deckard enterase de que Rachel é unha replicante e a pesar de que el sabe que debe matala porque son as ordes que tiña, decide deixala con vida xa que estaba enamorado de ela desde o primeiro momento.

O contravalor que máis se nota é o da morte, xa que durante toda a película está morrendo xente. Ademáis é a causa principal que teñen os replicantes para perseguir ós creadores e ós blade runner: queren morrer e se non consiguen vencer morreran.

Algunhas das preguntas que se fan os replicantes son:
¿De onde vimos? ¿A dónde iremos despois da nosa morte? “Pero… ¿Quén vive?
Cando os replicantes non saben de donde veñen nin a donde iran logo da súa morte, significa que viven e morren dunha forma confusa, sen saber nin comprender realmente o sentido da vida.


Ana

No hay comentarios: