lunes, 3 de diciembre de 2007

Blade Runner e o cine negro


O cine negro ou o cine de gansters é un xénero cinematográfico que desenrolouse en Estados Unidos durante a década comprendida entre ó 1940 e 1950. Normalmente considérase como a primeira película deste xénero a "El halcón maltés" de John Huston, con Humphrey Bogart e Mary Astor, estrenada no 1941. As películas caracterizadas como pertencentes o cine negro xiran arredor de feitos delictivos e criminais cun forte contido expresivo e unha impactante estética visual. A súa construcción formal está preto do expresionismo. Emprégase unha linguaxe oculta e metafórica onde se describe a escena caracterizada por unha iluminación tétrica en claroscuro, escenas nocturnas con humidade no ambiente, xógase co uso de sombras para exaltar a psicoloxía dos personaxes, o uso do branco e negro...A personalidade dos personaxes son difíciles de establecer e as fronteiras entre bos e malos difumínanse e o heroe acostumbra a ser un "antihéroe” atenazado por un pasado
oscuro.

A película Blade Runner transcurre nunha versión diatópica da cidade de "Los Ángeles" durante o mes de novembro do ano 2019. Pertence o xénero do cine negro, pois contén e explora convencións tales como a muller fatal, a narración en primeira persoa e a cuestionable perspectiva moral do heroe ou protagonista. A obra penetra nas implicacións futuras da tecnoloxía no ámbito da sociedade, achegándose o pasado co uso da literatura, o simbolismo relixioso, os temas dramáticos e clásicos do cine negro.
A cidade en Blade Runner é unha mestura futurista con cheiro a comida rápida. A noite de eterna duración, a magnífica atmosfera lograda a través dunha serie de sombras que enfatizan a cara sempre oculta dos protagonistas e antagonistas do filme, personaxes dominados polo alcohol, a actitude do propio xefe do protagonista "Deckard".
En definitiva, Blade Runner está axeitadamente emparentada cos filmes de índole criminal, con policías de dubidosa moral, confidentes que véndense o mellor postor...todas estas características aqui recollidas, que ao ser analizadas, pódense perfectamente exemplificar no filme Blade Runner.

Jorge Abad Armada

No hay comentarios: