jueves, 7 de febrero de 2008

Na película Los Edukadores, aparecen referencias a maio do 68. O home que se ven obligados a secuestrar os tres rapaces protagonistas, foi un partidario e defensor das revoltas producidas nesa época.
Coñécese co nome de maio do 68 os acontecementos producidos en Francia na primavera de 1968. Todo iniciouse cando se produciron una serie de folgas estudiantiles en moitas universidades e institutos de París, seguidas de confrontacións ca universidade e a policía. O intento de parar as folgas mediante una maior carga policial soamente axudou a encendelos ánimos dos dos estudiantes, que protagonizaron batallas campales contra a policía e, xunto cos traballadores posteriormente unha folga xeral. O goberno encontrábase ó borde do colapso, pero a situación revolucionaria evaporouse tan rápido como se orixinou. Os traballadores despois de conseguir importantes melloras salariales, volveron ó traballo. Moitos dos manifestantes asumiron certo pensamento de esquerdas, como o comunismo, o rexeitamento á guerra de Vietnam, o anarquismo ou o situacionismo (corrente de pensamento crítico surxida nos anos cincuenta do século XX como reacción á sociedade capitalista moderna e como denuncia da brutal alineación que produce a s.ociedade de consumo, foi o resultado de diversas correntes de pensamento que se fusionaron nun todo e puxéronse ó servicio da revolución pola libertade do individuo). Moitos viron os feitos como unha oportunidade de cambiar a “vella sociedade” en moitos dos seus aspectos, como os métodos educativos.
A personaxe do executivo, representa o cambio dos valores ó longo da vida, e por riba do cambio o olvido de certos ideais de xuventude. Esta é unha película que intenta rescatar os ideais do maio do 68, cando os xóvenes aínda creían nun mundo diferente. Unhas xeneracións que confiaban neles mesmos, que querían ter o cambio nas súas mans e loitaron por conseguilo.

Sara

No hay comentarios: