martes, 12 de febrero de 2008

O DIRECTOR
O director de esta película é Hans Weingartner naceu en Feldkirch, Austria. Despois de cursar estudos superiores de Física, diplomouse como axudante de cámara da AAC (Asociación Austríaca de Cinematografía) antes de seguir estudando Neuroloxía na Universidade de Viena e Neurocirugía na Clínica Steglitz de Berlín. No 1997 empezou os seus estudos de posgrao na KHM, a Academia de Artes da Comunicación de Colonia. “Os edukadores” é o segundo longametraxe de Hans Weingartner. Foi nominado ao Premio ao Mellor Primeira Longametraxe pola Asociación de Críticos de Alemaña. Daniel Brühl, no papel do mozo esquizofrénico, levouse numerosos premios á interpretaciónO éxito chegoulle sobre todo por dúas películas: a primeira foi o seu traballo de fin de carreira, Dás weisse Rauschen ("O ruído branco", 2001), rodada parcialmente no piso de estudantes que o propio Weingartner compartía en Colonia e na que Daniel Brühl interpreta o papel de Lukas, un estudante esquizofrénico; a segunda é Die fetten Jahre sind vorbei (literalmente, "os anos de abundancia terminaron", 2004), que narra a historia de tres mozos antisistema interpretados por Daniel Brühl, Julia Jentsch e Stipe Erceg. Ambas cintas recibiron multitude de premios. Die fetten Jahre sind vorbei estreouse en máis de 50 países baixo o título inglés "The Edukators".
ARGUMENTO
Jule é unha camareira que traballa para pagar a débeda por chocar cun luxoso auto dun millonario, debido aos compromisos da débeda non pode pagar a renda e debe mudarse co seu noivo Peter que ao tempo comparte o apartamento co seu amigo Jan. Peter decide tomar vacacións en Barcelona, polo que deixa a súa noiva con Jan quen revela a esta as actividades a que se dedican con Peter durante as noites, os mozos entran ás casas de persoas millonarias desordenan as cousas e deixan mensaxes como "Os seus días de abundancia están contados" co que pretenden causar terror psicolóxico aos millonarios xa que non rouban nada. Jule pide a Jan entrar á casa do home a quen debe o diñeiro, tras realizar as súas actividades Jule esquece o seu teléfono celular na mansión polo que se ven obrigados a regresar e xa dentro son vistos polo home polo que deciden chamar a Peter e entre os tres deciden tomar como refén ao home conducíndoo a un casarío dun parente de Jule onde permanecen por varios días mentres resolven que deben facer. Alí xérase unha relación sentimental entre Jan e Jule que afecta a relación de amizade entre os tres, finalmente deciden regresar ao home á súa casa quen promete non denuncialos sen embargo non cumpre a súa promesa e ao pouco tempo acode cun operativo policial á vivenda dos mozos, alí atopan a casa baleira e na parede unha nota que di "Manche Menschen ändern sich nie" (algunhas persoas nunca cambian). Peter, Jan and Jule xa escaparon a Barcelona despois de haber solucionado as súas diferencias e desde alí continúan cos seus plans anticapitalistas, consumándose a idea anterior de Peter de voar unha illa de telecomunicacións pouco vixiada que prové o sinal de televisión a gran parte de Europa Occidental.

No hay comentarios: