
A primeira opción do productor, Hal Wallis, para dirixir a película “Casablanca” foi William Wyler, pero como non estaba dispoñible Wallis decidiu escoller o seu amigo Michael Curtiz. Curtiz, chamábase en verdade Manó Kertész Kaminer (Budapest, 24 de Decembro de 1888- Hollywood, 10 de Abril de 1962).Michael Curtiz contaba entre os seus familiares con refuxiados provintes da Europa Nazi. Marchou da casa aos 17 anos para traballar nun circo. Logo formouse como actor na “Real Academia de Arte e Teatro”. En 1912, empeza a traballar como actor e director de cine en Hungría, co nome de Mihály Kertész. Dirixirá 43 películas.
O finalizar a Pimeira Guerra Mundial, trasladase a Alemaña primeiro, é logo a Hollywood en 1926. Alí dirixirá entre outros a estrelas consagradas como Errol Flynn en películas que chegaron a ser clásicos: “ El Capitán Blood ” (1935), “ La carga de la brigada ligera “(1936), culminando con “ Robín de los bosques “ en 1938. Sin embargo, a película que fixo pasar a Curtiz o olimpo do cine foi Casablanca (1943), con Humphrey Bogart e Ingrid Bergman. Curtiz, dicese que era un director sin un estilo especialmente definido: traballou todos os xéneros, non sempre aportando orixinaliedade. Sin embargo, o seu traballo, caracterizado entre outras cousas por unha sofisticada maneira de mover a cámara, composicions robustas, texturas matizadas na iluminación, sempre é apreciado pola xente do cine.
Jénny
No hay comentarios:
Publicar un comentario