martes, 4 de marzo de 2008

A IMPORTANCIA DA FAMILIA EN PEQUENA MISS SUNSHINE


A familia de Olive esta a atravesar unha mala etapa, é unha familia desestructurada moralmente que só se vale de argumentos para non ver que teñen problemas posto que Richard, o pai de Olive, é un home que imparte cursos sobre o éxito con ostensible fracaso, é unha personaxe que mezcla optimismo e angustia, e eso deixa verse no filme. Máis adiante sufrira a bancarrota no seu traballo que xunto coa repentina morte do seu pai por sobredose e a convivencia xunto co seu cuñado levarao a aconsellar mal á súa filla.

Sheyl, a nai de Olive, é unha muller que intenta a cada momento que a súa familia non de destructure, esto levaráa a facer calquera cousa con tal de ver feliz ós seus.

Dwayne é o irmao de Olive, e un extraño rapaz, aínda que o máis sensato, posto que non pode máis coa súa familia xa que pensa que estan todos tolos e son unhos fracasados na vida, ó longo da película vemos como Dwayne fai voto de silencio ata que consiga entrar na academia de pilotos pero para a súa desgraza este soño vése imposible ó descubrir que é daltónico e ó saber que así non poderá pilotar.

Frank é o tío de Olive, intentouse suicidar recentemente a causa dun desamor e esto lévao a que a súa irmá o meta na súa casa por medo a que o intente outra vez.

Olive é a protagonista deste filme, é unha nena que ten por soño ir ó concurso de beleza pequena Miss Sunshine e gañar; para esto conta coa axuda do seu avó que lle ensina os pasos de baile, e co apoio da súa familia que esta con ela en todo momento aínda que ó final sexa un fracaso o seu paso polo concurso.

A película estanos mostrando unha imaxe da familia que non é perfecta pero na que se apoian uns noutros para saír adiante e para cumplir o seus soños, coma no caso de Olive fan moitos quilómetros para chegar a California e presentarse ó concurso e a pesar de ser un total fracaso e de que o único que fixeran fora o ridiculo eles apoianse e non creen que o máis importante fora o concurso, senón o feito de facer feliz á súa filla. O que nos quere decir esta película é que o máis importante non son as cousas materiais senón que a familia permanezca unida en todo momento e que nunca van a ser unhos fracasados.

Manuel Pena Fernández


1 comentario:

ESQUERDA UNIDA LUGO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.